Prevé doenzas futuras
Coida da túa saúde auditiva cuns bos tapóns de oído para auga
O noso oído está preparado para soportar e protexerse de forma natural de certos elementos alleos a el que poidan acceder ao seu interior. Entre eles atópase unha certa cantidade de auga e de humidade.
A propia anatomía do oído, así como o cerume e o PH que se atopa no interior do conduto auditivo, axudan a repeler e eliminar a sucidade e humidade.
Aínda así o proceso de eliminación é lento e, ás veces, os oídos non son capaces de restaurar a tempo o ambiente propicio do conduto auditivo, abríndose así, a posibilidade dunha colonización das bacterias alleas á nosa fauna microbiota auricular, ou incluso aos fungos.
As consecuencias poden ser dende unha simple molestia ou incomodidade por auga que quedou adherida no tímpano e que provocou un aumento do volume de cera que tiñamos no interior do conduto auditivo externo (CAE) facéndonos oír peor, ata dor e inflamación, signos típicos dunha otite do oído externo.
A medio e longo prazo, se non se utilizan os tapóns para oídos a medida, poden aparecer outro tipo de problemas asociados a un oído externo mal protexido e que sufriu varias molladuras ao longo dos anos. Se estas molladuras son, ademais, con auga fría, con restos de area e microalgas, o risco de dano auditivo pode derivar en hipoacusia (perda de audición) ou exostose (crecemento anómalo da porción ósea do CAE).
Por todo o anterior, e por moito máis, aconsellámosche... Usar protección! Comprar xa os teus TOMBO, os teus novos tapóns de oído a medida!